ATRIL PARA A BIBLIOTECA
Aproveitando o metacrilato das portas dos armarios antigos da biblioteca os alumnos de 4º ESO fixeron un atril moi moderno para o libro de suxestións. Primeiro escolleron as medidas máis axeitadas segundo as medidas do libro, marcaron cun rotulador e cortaron coa caladora. Logo fixeron dous cortes na parte de abaixo para facer o soporte do atril e o do libro. Despois quentaron a zona donde fixeron os cortes para doblar o metacrilato e darlle a forma desexada. E así quedou.
