PROXECTOS DE NADAL 2011
Aquí temos os proxectos que fixeron este ano os rapaces de 4º de ESO do colexio de Portas para celebrar o Nadal.


Entre eles unha árbore de botellas de plástico con bombillas pintadas de cores.
Para facelo primeiro recolleron botellas, limpáronnas e pegáronnas en circunferencias de cartón de diferentes diámetros.

Tamén pintaron as bombillas con pintura de bombilla, escollendo cores diferentes.
Despois colocáronlle unha lámpada e un portalámpadas en cada unha e foron colocando unhas enriba das outras conectando o cableado das lámpadas en paralelo.
Finalmente suxeitaron todos os pisos e prenderon as luces e así de bonito quedou!
