Publicidad:
Terra
La Coctelera

TECNOLOXÍA E INICIACIÓN Á ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

Este é un blog dos alumnos de tecnoloxía e de electrónica de 4º da E.S.O. do C.P.I Domingo Fontán de Portas.

24 Diciembre 2008

BELÉN RECICLADO

Este trimestre os alumnos de Tecnoloxía da E.S.O. xunto co resto de rapaces do colexio participaron na elaboración dun Belén reciclado para celebrar o Nadal.

Concretamente os rapaces da E.S.O encargáronse do deseño e construción das edificacións ( O Portal, o castelo e as casas) que se fixeron integramente en cartón e seguindo o deseño das construción da época e da rexión.

Aquí temos a algúns dos rapaces traballando no taller de Tecnoloxía:
Eloy, que fixo un castelo moi fermoso, Carolina e Laura decorando as casas e Juan e Adrián pegando o Portal de Belén:

Tamén se encargaron de facer a correspondente instalación eléctrica para a iluminación poñéndolle a cada edificio un portalámpadas e unha lámpada no seu interior e conectándoas todas en paralelo para evitar que se apagasen todas no caso de que algunha se fundise.

Por outra parte, tamén se encargaron do deseño e elaboración duns paneis de cartón para a ambientación:

- O primeiro cubríronno con papel negro para simular o firmamento de noite e nel fixeron un buraco coa forma da estrela de Belén que iluminaron de dúas formas diferentes. Por unha banda, cunha lámpada cuxa luz atravesaba o buraco da estrela a través dun papel cebola laranxa que lle fai un efecto moi fermoso; e por outra banda, rodearon o perímetro da estrela cun circuíto de díodos LED amarelos conectados en paralelo a un xerador de onda cadrada que os fai acenderse e apagarse de maneira intermitente según lles chegue o semiciclo positivo ou negativo da onda (xa sabedes que os díodos polarízanse en directa ou en inversa según lles chegue tensión positiva ou negativa ao ánodo), simulando o titileo das estrelas reais.Este é o xerador de onda que se usou,cunha onda cadrada con 20kHz de frecuencia:

- Para facer o outro panel decorativo tamén utilizaron cartón. Neste caso recortaron o contorno das montañas e cubriron o cume con boliñas de porexpan para simular a neve. Este panel colocáronno uns dez centímetros adiantado con respecto ao do firmamento para conseguir o efecto de profundidade. Para lle dar máis realismo puxeron un circuíto de lámpadas, tamén en paralelo, entre o panel das montañas e do firmamento, así conseguían simular a luz do anoitecer nas montañas, cando comenzan a saír as estrelas no firmamento.


Nesta foto vemos a Ángel pegando o porexpan no panel das montañas:

E o resultado final foi este: Gústavos?





FELIZ NADAL A TODOS!!

servido por tecnoloxia sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de tecnoloxia

TECNOLOXÍA E INICIACIÓN Á ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

ver perfil »
contacto »
Ola somos os alumnos de 4º da eso A e B estes son os nosos proxectos que fixemos o longo do curso AnunciosContadores

Fotos

tecnoloxia todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera