Publicidad:
Terra
La Coctelera

TECNOLOXÍA E INICIACIÓN Á ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

Este é un blog dos alumnos de tecnoloxía e de electrónica de 4º da E.S.O. do C.P.I Domingo Fontán de Portas.

20 Febrero 2012

ATRIL PARA A BIBLIOTECA

Aproveitando o metacrilato das  portas dos armarios antigos da biblioteca os alumnos de 4º ESO fixeron un atril moi moderno para o libro de suxestións. Primeiro escolleron as medidas máis axeitadas segundo as medidas do libro, marcaron cun rotulador e cortaron coa caladora. Logo fixeron dous cortes na parte de abaixo para facer o soporte do atril e o do libro. Despois quentaron a zona donde fixeron os cortes para doblar o metacrilato e darlle a forma desexada. E así quedou.

servido por tecnoloxia sin comentarios compártelo

21 Diciembre 2011

LÁMPADA PARA A BIBLIOTECA

Os alumnos de 4º de ESO de PDC fixeron unha lámpada para a biblioteca. Colocaron vasos de plástico transparente facendo circunferencias e grampáronnos. As circunferencias son de diferentes diámetros e colocáronnos de maior a menor facendo una semiesfera e grampando todas as circunferencias entre elas.

Logo pintaron as bases dos vasos con pintura de bombilla para darlle un efecto de cor.

Despois cortaron una circunferencia de metacrilato coa caladora para facer de base da lámpada e colocaron no centro unha bombilla de baixo consumo .

Por último cablearon o enchufe e o interruptor ao portalámpadas e  uniron a base de metacrilato usando pegamento termofusible.

servido por tecnoloxia sin comentarios compártelo

21 Diciembre 2011

PROXECTOS DE NADAL 2011

Os alumnos da ESO fixeron unha árbore de nadal con CD´s. Primeiro déronlle forma cónica a unha rede metálica e logo foron colocándolle os CD´s ao redor.

Por último colocáronlle unha base de cartón na que colocaron unha lámpada que o ilumina dende dentro.

Aquí tedes o resultado.

servido por tecnoloxia sin comentarios compártelo

21 Diciembre 2011

PROXECTOS DE NADAL 2011

Os alumnos da ESO tamén fixeron un boneco de neve para decorar no colexio.

Usaron vasos de plástico que foron grampando un a un facendo circunferencias  que logo gramparon entre elas dándolle forma esférica.

Por último colocáronlle unhas lámpadas de baixo consumo conectadas en paralelo e cablearon o enchufe ás lámpadas e ao interruptor.

Finalmente fixéronlle o gorro, os ollos e a boca con cartolina e a bufanda con papel pinocho. E así de bonito quedou!!

servido por tecnoloxia sin comentarios compártelo

21 Diciembre 2011

PROXECTOS DE NADAL 2011


Aquí temos os proxectos que fixeron este ano os rapaces de 4º de ESO do colexio de Portas para celebrar o Nadal.

Entre eles unha árbore de botellas de plástico con bombillas pintadas de cores.

Para facelo primeiro recolleron botellas, limpáronnas e pegáronnas en circunferencias de cartón de diferentes diámetros.

Tamén pintaron as bombillas con pintura de bombilla, escollendo cores diferentes.

Despois colocáronlle unha lámpada e un portalámpadas en cada unha e foron colocando unhas enriba das outras conectando o cableado das lámpadas en paralelo.

Finalmente suxeitaron todos os pisos e prenderon as luces e así de bonito quedou!

servido por tecnoloxia sin comentarios compártelo

24 Noviembre 2011

COLGADORES PARA O TALLER

Como podedes ver os alumnos de 4º da ESO deseñaron uns colgadores moi chulos para o taller. Fixéronnos de metacrilato. Primeiro cortaron as planchas de metacrilato coa caladora e logo lixaron os bordes. Despois cun soldador foron dándolle calor para ablandar o material e darlle forma ao perchero.

Fixérolle os buracos coa trade para os parafusos e finalmente aparafusaronnos á parede e quedaron así de chulos!!

servido por tecnoloxia 1 comentario compártelo

9 Julio 2011

MÁS PROYECTOS

EL PUENTE LEVADIZO DE ALFONSO!!

servido por tecnoloxia sin comentarios compártelo

9 Julio 2011

MÁS PROYECTOS

LA NORIA DE LIDIA Y SUEVIA!!

servido por tecnoloxia sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de tecnoloxia

TECNOLOXÍA E INICIACIÓN Á ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

ver perfil »
contacto »
Ola somos os alumnos de 4º da eso A e B estes son os nosos proxectos que fixemos o longo do curso AnunciosContadores

Fotos

tecnoloxia todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera